Posiblemente a Casa de Ferreiro de Villarín foi das menos prolíficas de toda a aldea. Virginia e Alfredo tiveron 3 fillos: Eulogio, Eladio e Manolo.
Foto: Enriqueta, Eladio, María, Eulogio, Dominga e Manolo
Eulogio casou con María Santín, da casa de Mateo e tiveron unha nena chamada Esther.
Eladio casou con Enriqueta da casa da Fonte de Sebrás e tiveron outra rapaza de nome Mari Carmen.
Foto: Aníbal, Esther e Mari Carmen
Manolo casou con Dominga, lucense tamén , concretamente de Doade no Concello de Sober, e corazón da coñecida como viticultura heroica, a Ribeira Sacra, e tiveron un rapaz chamado Manuel Aníbal.
Nas fotos de arriba, podedes ver unha instantánea da boda de Eulogio e María, posando co resto dos irmáns, e tamén unha foto dos tres primos, Aníbal, Mari Carmen e Esther.
Foto: Esther, Aníbal, Luisa e Mari Carmen
Máis abaixo, unha foto actual dos tres primos xunto a outra prima de Sinllán, María Luisa Rodríguez sacadas o pasado verán no hotel Jorge I de Lugo.
Moi chulas as fotos. Como pasa o tempo!!!!!!!!!
ResponderEliminar