jueves, 23 de enero de 2014

Festa en Villarín

Pois hoxe por fin me animo a escribir neste blog por primeira vez ,son Patricia da casa de Carballo. A foto que vos quería ensinar fíxose nos anos 50 e guardábaa a miña tía María, irmá do meu avó Abel. Pensamos que foi sacada nas festas do pobo no verán, pola roupa que levan e por toda a xente que aparece, aínda que non estamos seguros.
Nela aparecen moitos veciños do pobo, e outros que non coñecemos. Entre os que si sabemos quen son están: á esquerda de todo, María de Pombo, o lado a miña tía Sofía de Carballo, Carmen de Valín, Manuela de Barxas, Concha de Abaixo e Esperanza, tamén  da casa de Abaixo; no centro está Celsa de Xirondo e máis arriba a miña tía Carmen de Carballo. O resto de persoas non sabemos quen son, se alguén nos pode aclarar a súa identidade serviríanos de grande axuda.

domingo, 5 de enero de 2014

¿Cuántos vecinos llegó a haber en Villarín?

A ver si no me queda ninguna en el olvido. Nos gustaría que algún oriundo nos contase sus historias, acompañadas si puede ser de algunas fotos. 
Desde la parte de arriba hacia abajo estarían:
- Casa de Xirondo.
- Casa de Carballo.
- Casa de Freixo
- Casa de Ferreiro.
- Casa de Valín.
- Casa de Mateo.
- Casa de Pombo.
- Casa de Castro.
- Casa do Val.
- Casa de Farruco.
- Casa da Caseira.
- Casa de Barxas.
- Casa de Ahí Abaixo.
- Casa de Coedo.
- Casa de Florinda.
- Casa de Monteiro.
- Casa do Teso.
- Casa de Rita.
- Casa de Miguel.
- Casa de Antuxo.
- Casa de Xacinta.
- Casa de Estrella.
E a outra posible que estaría entre a de Barxas e a de baixo da do Val. 


Esta última información nos ha sido proporcionada Maica Rodríguez Novo, nativa de Sebrás pero con raíces en Vilarín.
A ver, señores de Villarín do Mundo, andamos na procura de fotos, nomes , calquera cousa que revitalice e dea sentido a este blog

viernes, 3 de enero de 2014

"De tal Ferreiro tal astilla"

Posiblemente a Casa de Ferreiro de Villarín foi das menos prolíficas de toda a aldea. Virginia e Alfredo tiveron 3 fillos: Eulogio, Eladio e Manolo. 
                          
                                Foto: Enriqueta, Eladio, María, Eulogio, Dominga e Manolo

Eulogio casou con María Santín, da casa de Mateo e tiveron unha nena chamada Esther.
Eladio casou con Enriqueta da casa da Fonte de Sebrás e tiveron outra rapaza de nome Mari Carmen.

                                             Foto: Aníbal, Esther e Mari Carmen

Manolo casou con Dominga, lucense tamén , concretamente de Doade no Concello de Sober, e corazón da coñecida como viticultura heroica, a Ribeira Sacra, e tiveron un rapaz chamado Manuel Aníbal.

Nas fotos de arriba, podedes ver unha instantánea da boda de Eulogio e María, posando co resto dos irmáns, e tamén unha foto dos tres primos, Aníbal, Mari Carmen e Esther. 
                                     
                                              Foto: Esther, Aníbal, Luisa e Mari Carmen

Máis abaixo, unha foto actual dos tres primos xunto a outra prima de Sinllán, María Luisa Rodríguez sacadas o pasado verán no hotel Jorge I de Lugo.

miércoles, 1 de enero de 2014

Non esquezamos as nosas raíces

En calquera sociedade que se precie, o respeto polos maiores e por aqueles que xa non están con nós é algo que non pode desaparecer.

 Foto: Cesáreo, pai de Virginia e abuelo de Eulogio, Eladio e Manolo de Ferreiro
Gostaríame facer este post con aqueles que coñecimos ou non, pero que xa non están entre nós. Non cometamos o erro de esquecernos deles.

Foto: Esther Rodríguez Santín e a súa abuela Virginia
Os que viñeron a este mundo antes de nós, manténdonos, dalgún xeito, como somos por mor do que eles eran, vivido e experimentado.

Foto: Meu pai Manolo de Ferreiro e sentada Encarnación
Eles forman parte dos nosos xenes e noso ser, e só por iso - porque se non existisen, se cadra nós non existiríamos - imos honralos por nos dar a oportunidade de existir.
Foto: Eulogio Rodríguez Busto xunto a seu pai Alfredo